A Ribeira Sacra posicionada para lograr a distinción da UNESCO

Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

A Deputación de Ourense, protagonista no Día do Patrimonio Mundial, coa Ribeira Sacra posicionada para lograr a distinción da UNESCO

Manuel Baltar destaca que un recoñecemento como este, de ámbito mundial, “contribuiría de maneira fundamental á recuperación económica de Ourense tras a crise do COVID-19, un fito que viviremos en 2021 e que implicará a toda a provincia nos sectores social, empresarial e turístico”

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación de Ourense conmemora hoxe de maneira especial o Día do Patrimonio Mundial (World Heritage Day) lembrando o impulso decisivo que o presidente Manuel Baltar deu en 2013 á Ribeira Sacra, ao reactivar o procedemento para a candidatura deste espazo natural como Patrimonio Mundial da Unesco. Este ano cúmprese o sétimo aniversario daquela primeira reunión entre Baltar e os alcaldes da parte ourensá da Ribeira Sacra que deu inicio a este proxecto, que liderou a Deputación de Ourense conseguindo que se sumasen a Deputación de Lugo; os concellos de Ourense e Lugo cuxos territorios se atopan na Ribeira Sacra, e a Xunta de Galicia, xunto co Valedor do Pobo as universidades galegas e numerosos colectivos sociais, económicos e culturais

“Todos estes anos, con todas estas entidades e institucións, logramos xerar unha corrente ambiental sen precedentes en Galicia, unida para lograr o fin común que será alcanzar en 2021 o obxectivo de que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco, algo para o que se atopa nestes momentos moi ben posicionada”, afirma Manuel Baltar, destacando que este recoñecemento “supoñerá tamén un elemento fundamental para a recuperación económica da nosa provincia tras a crise do COVID-19”.

“Un camiño longo pero ilusionante”, lembra Baltar, quen tras a primeira reunión cos alcaldes púxose en contacto co entón presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro para que a institución lucense unísese a esta iniciativa, como así fixo; posteriormente viñeron as mocións aprobadas para ese efecto nos plenos de ambas as deputacións e Manuel Baltar pediu entón a implicación da Xunta de Galicia e da súa Consellería de Educación e Cultura, do mesmo xeito que a do Valedor do Pobo. O apoio foi unánime. E así, a estratexia planificada por Baltar desde aquel setembro de 2013 proseguiu coa reunión dos dous presidentes provinciais cos alcaldes da zona ourensá da Ribeira Sacra, no mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos).

A partir de aí, comezou a elaborarse a candidatura para Patrimonio Mundial da Unesco e o 27 de decembro de 2018 a Xunta de Galicia declarou Ben de Interese Cultural (BIC) á Ribeira Sacra, paso previo para a presentación definitiva da candidatura.

Hoxe a Ribeira Sacra é candidata única de España a World Heritage pola Unesco por decisión unánime do Consello de Patrimonio Histórico Nacional -o Goberno de España e os responsables de patrimonio dos 17 gobernos autonómicos-, unha resolución que foi adoptada no mosteiro ourensán de Santo Estevo De Ribas do Sil (Nogueira de Ramuín) hai agora un ano, o 5 de abril de 2019.