Máis de 200 nenos inscribíronse para as videochamadas de Papá Noel

A iniciativa posta en marcha polo concello do Carballiño en colaboración coa empresa Hípica Celta para que nos nenos e nenas do municipio podan manter unha conversa por videoconferencia con Papá Noel e os Reis Magos está a ser un éxito, xa que en só 24 horas da apertura do prazo de inscrición, xa se apuntaron a este servizo máis de 200 nenos e nenas.

A previsión dos organizadores é que nesta experiencia poderán participar arredor dun millar de nenos e nenas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase dunha campaña na que se intenta suplir a imposibilidade de levar a cabo actos de carácter presencial durante o Nadal, pero que abre a alternativa de facelo por medios electrónicos.

Para participar hai que inscribirse na plataforma dixital www.nadal2020.es ou www.nadal2020.com ou ben chamar ao teléfono 641585245. A inscrición para Papá Noel será do 25 de novembro ata o 17 de decembro, e para os Reis Magos será do 25 ao 29 de decembro. 

Neste senso, tamén se garante que aquelas familias que non dispoñan de conexión a internet ou de dispositivos electrónicos, podan participar igualmente a través de pantallas que lles serán facilitadas polos emisarios ou elfos de Papá Noel e os Reis Magos, respetándose todas as medidas de prevención sanitaria polo coronavirus.

A  inscrición a través da plataforma ou por teléfono é  moi sinxela e áxil, e os datos que se piden son para autorizar as videochamadas e cumprir coa lei de protección de datos.