O comercio e o concello asinan un convenio de cara á campaña de Nadal en Ribadavia

César Manuel Fernández-Alcalde de Ribadavia, Manuela Rodríguez-Presidenta de EAR e Cristina Martínez-Tesoreira de EAR firman un Convenio de colaboración entre o Concello de Ribadavia e Establecementos Asociados do Ribeiro.

O obxectivo do presente Convenio o constitúe definir un marco de colaboración entre o Concello de Ribadavia e a Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro para a realización de proxectos de interese mutuo para ambas institucións, entre o que se atopa o desenvolvemento de actividades de fomento e promoción do comercio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Algunhas delas son os envío gratuíto de compras a toda a península; o concurso de decoración de Nadal tanto de establecementos como de vivendas; o bono comercio, que ofrece 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra no comercio local. Todas estas medidas, xunto cun bono social para familias en situacións máis delicadas e as axudas á hostalaría, foron aprobadas pola corporación para paliar en certa medida as consecuencias derivadas da pandemia.