Actividades de Nadal en Piñor : DIVERNADAL 2020

PIÑOR CONCILIA DIVERNADAL 2020: CONCELLO DE PIÑOR

Publicidade

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do programa de conciliación da vida familiar e laboral para este Nadal 2020.

Como se ven realizando dende anos atrás, o Concello de Piñor levará a cabo o programa  PIÑOR CONCILIA “DIVERNADAL”, que ofrecerá atención a cativos (alumnado de Primaria e ESO) en horario de 10:00h a 13:00 no Centro Social, dende o 23 de decembro de 2020 ó 7 de xaneiro de 2021. Os participantes realizarán talleres e xogos moi variados:

  • Repostería de Nadal creativa.
  • Manualidades de Nadal.
  • Taller de broches e chapas.
  • Contacontos e títeres.
  • Xincanas e xogos grupais.

Este servizo permite facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, sendo totalmente gratuito para as familias.  A situación provocada polo COVID19 fai preciso adaptar este tipo de actividades para poder cumprir coas restricións sanitarias, motivo polo cal se abrirá o período de inscrición ata o vindeiro 15 de decembro, contando así co tempo preciso para unha organización axeitada da actividade.  

Toda persoa interesada pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais, onde se lle facilitará o procedemento de inscrición.