Baltar destaca que os traballos dos premios “José Manuel Pérez Canal” “reflicten o espírito emprendedor que sempre tivo o homenaxeado”

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), asisite á entrega dos Premios TFG “José Manuel Pérez Canal” outorgados polo Colexio de Economistas de Ourense represantados pola súa presidenta María del Carmen Sampayo, e pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, representados pola súa decana María Montserrat Cruz González e presidido o acto pola Vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas Varela. Os alumnos premiados son:Brais Martínez Campos (1ª Premio do Grado ADE), Andrea Jácome Boo (1ª Premio de Grao de Turismo), Rosa María Fernández Rodríguez (Accesit do Grao de ADE), Noelle Rodríguez Sánchez (Accesit do Grao de Turismo) e Ana Suárez Pérez (Accesit do Grao de ADE).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación participou na entrega destes galardóns na Facultade de Empresariais e turismo de Ourense, salientando a “imaxe de marca” da nosa provincia: talento, creatividade, enxeño e traballo”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou hoxe na entrega dos Premios TFG “José Manuel Pérez Canal” do Colexio de Economistas de Ourense–Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense, destacando que os traballos premiados “reflicten o espírito emprendedor que sempre tivo o homenaxeado”, e salientou a “imaxe de marca” da nosa provincia: talento, creatividade, enxeño e traballo, algo que debemos aproveitar, como fan os universitarios hoxe galardoados con estudos referidos a temas enerxéticos, turísticos, de emprendemento e do sector téxtil, ámbito nos que a provincia de Ourense ten grandes realidades e potencialidades”.

Con esta de 2020 van xa oito edicións nos que a Deputación de Ourense colabora na publicación dos traballos de Fin de Grao premiados. No acto, que tivo lugar na Aula Magna da FCETOU, participaron xunto a Manuel Baltar a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; a decana da Facultade de Empresariais e Turismo, Montserrat Cruz, e a decana do Colexio de Economistas, Carmen Sampayo.

O alumnos galardoados cos primeiros premios en ADE e Turismo foron, respectivamente, Brais Martínez, polo traballo titulado: “Programación Lineal Aplicada al Sector Energético Gallego” e Andrea Jácome,  polo traballo: “Juego de Tronos y su influencia en el turismo”. En canto aos accésit en ADE os premiados foron: Rosa María Fernández, por: “Medidas Fiscales y Laborales para el Emprendimiento”, e Ana Suárez, por: “Análisis de las páginas webs corporativas de las empresas familiares textiles hacia la sostenibilidad”, mentres que o accésit en Turismo foi para Noelle Rodríguez, polo traballo: “Estudo das

motivacións dos peregrinos do Camiño de Santiago nas últimas décadas”.