Sorpresa nun banco carballiñés por unha falsa alarma de atraco

A Policía Local e a Garda Civil do Carballiño acudían esta mañá, ó redor das 11:00 horas, a unha chamada por un intento de atraco nas oficinas bancarias de Abanca. Resultou ser unha falsa alarma, que pillou por sorpresa ós viandantes e veciños que se atopaban no Bar Lérida, anexo á parte de atrás desta oficina. As autoridades achegáronse armadas ante a chamada, e mandaron desaloxar as mesas da terraza do local. Todo quedou nun susto, sen lamentar danos.