A Xunta aproba crear o acceso ó parque empresarial de Beariz

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou hoxe a probación do expediente do proxecto de construción do acceso ó parque empresarial de Lebozán, en Beariz, dende a estrada OU-212.

Publicidade

Esta actuación ten por obxectivo dar operatividade á futura área empresarial e dispón dun presuposto de 380.000 euros. O proxecto prevé a canalización baixo berma, que serve de protección contra os desprendementos de terras.