Máis de 8.500 alumnos e profesores, na 8ª Semana Escolar da Provincia

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Xosé Antonio Perozo para presentar a VIIIª Semana Escola da Provincia

A iniciativa, organizada pola Deputación de Ourense, celébrase desde hoxe e ata o vindeiro 4 de decembro en 64 centros educativos

Un total de 8.504 participantes(alumnos e profesorado) celebran entre hoxe e o vindeiro 4 de decembro a 8º Semana Escolar da Provincia, unha a actividade, promovida pola Deputación de Ourense co obxectivo, este ano, de afondar no problema do acoso escolar e a violencia de xénero; contará con 64 centros de Educación Secundaria e Bacharelato, nos que 387 docentes realizarán co seu alumnado as actividades propostas.

AVANTAR ACTIVIDADES

AUDIO Manuel Baltar ( Premer na Imaxe )

Con esta finalidade, a Deputación editou a novela con banda deseñada Contigo na nube, escrita por X. A. Perozo e ilustrada por Zaida Novoa. Está protagonizada por Sofía, unha adolescente que será testemuña e vítima de diferentes situacións de acoso nos seus centros escolares. Por este libro desfilan historias de amor, de compañeirismo, de violencia de xénero, de soños e desenganos, lonxe da moral hipócrita e do tremendismo.

Para establecer as actividades, elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha guía do profesorado contendo pautas para utilizar a novela. O 4 de decembro o presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitará o CPR Divina Pastora da capital ourensá para coñecer de primeira man os traballos que realizan os alumnos de Secundaria do centro, en total, 400 estudantes e 20 profesores, e como conclusión das actividades, os centros participantes celebrarán unha serie de actos relacionados cos traballos realizados ao longo da semana escolar.