A banda carballiñesa Skadelos presenta “Un Vidón”, o seu novo sinxelo que pon banda sonora a este verán

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A banda carballiñesa Skadelos acaba de publicar o seu novo sinxelo «Un Vidón», primeiro adianto do seu próximo disco. A nova canción chega acompañada dun videoclip onde esta formación da vila do Arenteiro pon en valor a celebración e o disfrute da vida como parte esencial da súa identidade.

Neste primeiro lanzamento ca nova formación, Skadelos deixa claras as súas intención: unha explosión de festa, enerxía e personalidade, reafirmando a súa aposta por unha música que conecta, que une e que transforma cada concerto nunha experiencia colectiva. “Un Vidón” é unha celebración sen filtros.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O tema recolle o espírito das noites e momentos compartidos, destacando escenas tan recoñecibles como “ir á praia», o “entroido do interior” ou unha noite de “cotilleos e birras”. A banda pon en valor a alegría do día a día, resumida na súa frase insignia: «Non é unha vida, é un vidón».

A canción foi gravada e mesturada por Javier Vicalo nos Estudos Escusalla Sonora, e masterizada por Ibon Larruzea nos Estudos Euridia (Bilbao). O videoclip, pola súa banda, foi gravado e realizado por Ola Caracola Estudios en localizacións do Carballiño e Leiro, ca participación de amigos e familiares da banda.

“Un Vidón” chega nun momento clave para o grupo, que este verán estará presente en múltiples festivais e eventos por toda Galicia, despois da súa volta en formato banda neste 2026 e coroarse como a banda de referencia en Galicia tras gañar o premio Onda Chicha na
Sala Capitol en Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------