O Comité Anti Sida celebra un Día Mundial nas redes sociais dedicado aos coidados e ao apoio ás persoas maiores ante a pandemia da Covid

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Unha Vida Dedicada á Vihda” é o lema elixido polo Comité Cidadán Anti Sida de Ourense para as súas actividades arredor do Día Mundial da loita contra a Sida que conmemoramos cada 1 de decembro. Arredor desta idea se artella o manifesto do Comité, que acompañamos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid19 as redes sociais son o soporte único das acción nas que o Comité chama a participar a tódolos ourensáns colgando as súas achegas no Facebook e no Instagram, e compartíndoas.

A primeira actividade leva funcionando dende o día 26 de novembro baixo o hastag #UnhaEsmorgade… e consiste na invitación a fotografarse coa estatua de Eduardo Blanco Amor na praza do Bispo Cesáreo e compartir o retrato con algunha mensaxe.

Este mesmo día 1 de decembro colgaremos un vídeo feito a partir de testemuños persoais que falan dos coidados e da especial atención ás persoas maiores que padecen particularmente a crise sanitaria, tanto polo risco de saúde coma polo medo e a soidade. A partir de mañá día 2 empezaremos inserir no Instagram 12 fotos, realizadas con tecnoloxía analóxica, polo artista limián Alexandre Folgoso (1996).

As imaxes da “Balconada fotográfica”, que recollen a solidariedade dos ourensáns cos afectados pola Sida ou a marxinalidade, que o pasado colgaron das ventas do casco vello da capital, estarán durante decembro nas rúas da vila de Allariz.

O Comité Anti Sida de Ourense naceu a principios dos anos 90 como una resposta cidadá á pandemia da Sida que daquela era una enfermidade mortal e causante de gran estigma social. Ao longo deste tempo realizou un traballo continuo de concienciación social sobre a prevención e de loita contra o estigma e a marxinalidade. O Comité mantén aberta na cidade una casa de acollida para persoas enfermas en situación de emerxencia social, con 8 prazas, atendida por un equipo profesionalizado e orientada á inclusión.

No seu local do barrio de San Francisco presta o servizo “Calor e café”, un centro de día onde persoas que viven na rúa, na marxinalidade o en soidade teñen un lugar de encontro onde abeirarse, socializar e entrar en contacto coas profesionais de traballo social e de inclusión do Comité. Dende alí se organiza tamén o intercambio de xiringas e outros programas de prevención e integración dirixidos a persoas presas, ás que traballan no sexo e outros colectivos vulnerables.