O XIV Simposio sobre Enerxías Renovables celébrase en Expourense o 18 de xuño

Pór en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sustentables, eficientes coa tendencia ao consumo case ceroresentando para iso casos de éxito e as tendencias en solucións arquitectónicas e instalacións de climatización con enerxías renovables que marcan as principais liñas de traballo no sector. Este será o eixo sobre o que virará o 14º Simposio sobre Enerxías Renovables e Arquitectura sustentable que se celebrará en Expourense o vindeiro xoves 18 de xuño en horario de 09.00 a 14.30 h.

Esta xornada está especialmente dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores, con carácter gratuíto previa inscrición a través da web www.expourense.org (Ligazón directa: https://expourense.org/feriasyeventos.php?ide=360 ). Por primeira vez ofrécese a posibilidade de seguilo de forma presencial, acudindo ao recinto de Expourense, ou vía on-line a través da plataforma Zoom, o que posibilita que poidan seguir a xornada profesionais de toda España. Participarán un total de 11 relatores entre os que destacan arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes en eficiencia enerxética en España. O XIV Simposio sobre Enerxías Renovables está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO, así como a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Programa
A edición deste ano ten dúas áreas temáticas diferenciadas. O primeiro deles estará centrado en presentar casos prácticos de éxito de arquitectura eficiente e sustentable realizados en España e abordará as oportunidades do sector que virán marcadas polas liñas estratéxicas europeas para o 2050. Ten o obxectivo de orientar a promotores e construtores no uso de enerxías renovables como vantaxe á hora de vender as súas promocións inmobiliarias. Tamén se abordará o papel das enerxías renovables no Green Deal Europeo, o Pacto Verde que busca reverter o cambio climático e frear os seus efectos.

Entre os casos prácticos exemplares que serán presentados neste bloque destacan edificios autosostenibles e de consumo case cero como o do Servizo de Emprego Público Estatal e Rexional SEXPE de Cáceres, un dos escasos exemplos de edificios públicos eco-sustentables de España; o complexo de 26 pisos de altura de vivendas turísticas nos Pireneos ou un edificio de 106 vivendas de Córdoba.

O segundo bloque estaría destinado a explicar as axudas existentes para o aforro e a eficiencia enerxética por parte das distintas administracións desde as liñas de financiamento europeas para proxectos innovadores no ámbito das enerxías renovables. Exemplos disto son os Programas Horizon 2020 e Horizon Europe ou os incentivos autonómicos que desde o INEGA (Instituto Galego de Enerxía) darán a coñecer neste simposio.

Proxecto GeoAtlantic
A cidade de Ourense, sede deste simposio, terá tamén o seu espazo cun relatorio na que se explicará o potencial termal da cidade, impulsora do proxecto europeo GeoAtlantic. O Proxecto GeoAtlantic é o primeiro proxecto europeo da área Atlántica seleccionado para a promoción da geotermia no espazo europeo. Está cofinanciado polo Programa de Desenvolvemento dos Fondos Interreg do Espazo Atlántico.

Este proxecto conta coa presenza de 12 socios de cinco países do espazo europeo, vinculados tanto ao ámbito científico, como ao ámbito empresarial, como de institucións públicas; todas elas expertas en xestión de recursos naturais e enerxías renovables. As accións apostan pola difusión e creación da demanda no sector da explotación de geotermia a nivel europeo e local.