O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe á presidenta do club de leones Ourense Calpurnia

  • Gabriel Alén interesouse polo traballo, que este colectivo sen ánimo de lucro, está a desenvolver no ámbito provincial, e agradeceulle a súa disposición de colaboración e axuda a prol dos máis necesitados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, recibiu esta mañá á presidenta do Club de Leones Ourense Calpurnia, María Antonia Rilo.

Gabriel Alén interesouse polo traballo, que este colectivo sen ánimo de lucro, está a desenvolver no ámbito provincial, e agradeceulle a súa disposición de colaboración e axuda a prol dos máis necesitados.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Club de Leones Ourense Calpurnia está integrado na asociación Lions Clubs International, que ten por finalidade axudar ás persoas máis desfavorecidas a través de diferentes proxectos financiados polas cotas dos seus membros, sen subvencións públicas.