O paro segue castigando un mes mais, con peor incidencia no sector servizos

Galicia situouse como a terceira comunidade na que menos subiu o paro con respecto a novembro de 2019. Pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 4.157 parados menos que ao inicio do impacto da covid-19, con respecto a abril de 2020, cando se rexistrou a cifra máis alta de paro. Galicia continúa en niveis de paro inferiores aos de hai 11 anos. En canto aos datos de afiliacións, Galicia continúa con máis dun millón de cotizacións á Seguridade Social, situándose a un nivel superior ao reflectido hai dez anos.

Na comparativa mensual -o paro creceu un 3,40% con respecto a outubro, principalmente debido ao peche parcial por recomendación sanitaria da hostalaría e á limitación perimetral.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Ourense, o sector servizos acapara a maior parte da caída de efectivos. A cifra de inscritos elévase a 21.064 persoas, despois de gañar no mes de novembro 596 novos parados. No sector servizos hai 522 desempregados novos, a causa das últimas restricións deste mes. Na agricultura hai 36 parados novos e 30 en industria. Os afiliados na Seguridade Social baixaron en 773 e o número de persoas incluídos nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) conta con 3.181 neste mes de novembro.