Emilio González chama á responsabilidade individual para continuar reducindo as cifras de contaxios por COVID-19

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu na mañá de hoxe unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) na que fixo un chamamento á “responsabilidade cívica e individual” para continuar reducindo as cifras de contaxios por COVID-19 na provincia.

O subdelegado sinalou o “alto grao de cumprimento” das medidas vixentes por parte da cidadanía ourensá e agradeceu “o seu esforzo, comprensión e responsabilidade”. Neste punto insistiu na importancia de “non relaxar as normas establecidas para conter o virus da COVID-19 e contribuír progresivamente entre todos e todas ao descenso dos novos casos positivos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xuntanza púxose de manifesto a efectividade dos dispositivos de control levados a cabo polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, pola Unidade do CNP Adscrita á Comunidade Autónoma e polos corpos de Policía Local dos concellos de Ourense, Barbadás, Xinzo de Limia, O Carballiño e Verín dende a entrada en vigor das medidas restritivas da mobilidade para colaborar no descenso do índice de contaxios detectados na provincia.

Así mesmo, dende o Centro de Coordinación lembrouse que as entradas e saídas dos ámbitos territoriais con restricións da mobilidade deberán realizarse de acordo coas excepcións contempladas na normativa ditada pola Xunta de Galicia adecuadamente xustificadas.

Emilio González agradeceu ás forzas e corpos de seguridade “o enorme traballo e esforzo” que están realizando dende o pasado mes de marzo para “protexer a saúde da cidadanía e velar polo correcto cumprimento das diferentes medidas postas en marcha para frear os contaxios por COVID-19”.

Á reunión, celebrada na Subdelegación do Goberno, asistiron a secretaria territorial da Xunta de Galicia, Silvia Dorado Morales; o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael López Pinel; o comisario xefe do Corpo Nacional de Policía, Juan Carlos Blázquez Hernández; o xefe da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma, José Antonio Pérez Estévez; a xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera Aldemira; o xefe da Policía Local de O Carballiño, Francisco Valeiras Baranda; o xefe da Policía Local de Verín, Emilio Morillo Carballal; o xefe da Policía Local de Xinzo de Limia, Germán Bolaño Villalba; e o representante da Policía Local de Barbadás, Pedro Freire Guede.