O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente de Autismo Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense agradeceu ao presidente da entidade, Ángel Domínguez, o seu labor diario, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda familia

Publicidade

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, trasladou ao presidente da Asociación Autismo Ourense, Ángel Domínguez, a total colaboración do Goberno galego no traballo pola maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas con autismo (Trastorno do Espectro Autista). O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense.

Gabriel Alén analizou xunto ao responsable de Autismo Ourense o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación de nais, pais e titores, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda familia. O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando polo desenvolvemento individual das persoas con autismo.