O centro educativo de Boborás fará reformas en colaboración ca Xunta de Galicia

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, chegou a un acordo co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para a colaboración de ambas administracións na reforma dalgunhas deficiencias que presenta o centro educativo do municipio. Entre as melloras que están previstas consta a renovación completa dos baños do centro, que, a pesar de que están en bo estado, seguen sendo os primeiros que se instalaron na creación do centro, no ano 1972; ocorre o mesmo o sistema eléctrico, que data da mesma época e que tivo que sufrir algúns empates polas necesidades tecnolóxicas actuais. Os outros dous aspectos son a renovación das persianas, algunhas danadas a causa das condición climatolóxicas, e por último, ampliar a cuberta exterior do patio. Nas condicións actuais, moitos nenos quedan sen poder saír nos días de chuvia a causa do distanciamento social e da falla de espazos cubertos.