Reino Unido iniciu na xornda de onte a vacinación contra a Covid-19

Unha muller de 90 converteuse na primeira persoa en recibir a vacina contra a Covid en Reino Unido. A vacina require unha primeira dose e un reforzo ós 21 días, e é a desenvolta por Pfizer. Hoxe soubose que dende o Reino Unido recomendan que as persoas con alerxia non a poñan, ante os efectos adversos provocados en dúas persoas.

A Axencia Europea do Medicamento asegurou esta semana que esta vacina podería estar dispoñible para a Unión Europea antes do próximo 1 de xaneiro. España terá ó seu alcance un 10% do total, que suma 140 millóns de vacinas. Tendo en conta que para unha inmunización completa fan falla dúas inxeccións, co comprometido poderíase inocular ós 47 millóns de españois e que sobren doses.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alberto Núñez Feijóo pediu ó goberno central que concrete o número de vacinas que chegará a Galicia, a periodicidade e cales son os colectivos prioritarios. Asegurou que espera que este mes teñan o calendario de entrega de doses para presentar o programa de vacinación.