O delegado da Xunta Gabriel Alén estuda co xerente da área sanitaria a evolución da pandemia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial, na que analizaron os datos epidemiolóxicos da provincia derivados da Covid 19. Ámbolos dous coincidiron na preocupante situación que se está a vivir pero confían  en que as medidas adoptadas na última xuntanza do comité clínico comecen a dar resultados, incidindo en que hai xa experiencias previas que demostran que si funcionan.