“Coñece os camiños” achegará a Vía da Prata de Cea nunha xornada de conferencias

O vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín, e o alcalde do concello de Cea, José Luis Valladares, presentaron hoxe a xornada dedicada á Vía da Prata dentro do proxecto “Coñece o Camiño”, que se celebrará o próximo sábado, no edificio Multiusos de Cea. O aforo estará limitado a 50 persoas.

O alcalde agradeceu a celebración deste evento e destacou a importancia da promoción económica dentro do camiño, co produto do pan de cea como protagonista.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alejandro Rubín explicou a programación para este día. A chegada, ás 11:30 horas no edificio Multiusos, estará amenizada polo grupo folclórico Feitizo de Pau. Seguirán tres conferencias: a primeira a cargo de José Luis Rodríguez Cid, que dará comezo ás 11:45 horas; a segunda, de Bruno de LLano Gómez, comezará ás 12:10 horas, e a terceira, de Francisco Jesús Ares, ás 12:35 horas. Na xornada tamén haberá música, a cargo de Lucía Pérez, cantante galega participante en Eurovisión, seguira de gastronomía, con degustación de produtos típicos a partir das 13:00 horas. Por último, unha visita guiada a Cea e a Oseira que inclúe unha visita ó a un forno antigo e que porá fin á xornada ás 17:30 horas.