O Parlamento aproba instar ao Goberno central a axilizar a apertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, tras “20 anos de peche inxustificado”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, sen votos en contra, instar de novo ao Goberno central a que cumpra cos compromisos adquiridos e proceda á inmediata apertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que acumula “vinte anos de peche inxustificado”.

Tras adiarse ata finais de 2026 o prazo de remate das obras –ao incumprirse o fixado para o primeiro trimestre deste ano-, o Grupo Popular, a través dunha proposición non de lei, solicitou ao Goberno central a que acabe coas “aldraxes a Ourense”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo relatou o deputado do Grupo Popular, Juan Casares, foi en 2002 cando o museo pecha ao público para a súa remodelación arquitectónica e a súa adaptación á nova museoloxía, trasladando os servizos e a colección a outros edificios da provincia. “Desde ese momento e ata 2012, o museo entra en vía morta”, dixo. Sería, explicou, durante o Goberno de Mariano Rajoy cando se retoma o proxecto de reforma e acondicionamento, a partir dun novo plan museolóxico, elaborado pola propia entidade. Pero, tal e como lamentou, durante o Executivo de Pedro Sánchez o proxecto vólvese paralizar.

A obra adxudicaríase, finalmente, en 2019, por máis de 9,2M€ e cun prazo de execución de 30 meses –contados a partir de setembro dese mesmo ano-: “En 2022, no canto de estaren rematadas as obras, só ían executadas ao 20%”, apuntou Juan Casares. Así, salientou que, actualmente, “o certo é que seguimos agardando, mentres o museo segue pechado ao público”. “Unha mostra máis –engadiu- do nulo compromiso do Goberno central con Ourense e a súa provincia”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------