A Fundación Galiza Sempre organiza un roteiro no 100 Aniversario da publicación da revista Nós

O sábado 19 ás 11:30 horas, a Fundación Galiza Sempre, fundación de referencia do BNG, organiza un roteiro pola cidade de Ourense cando se cumpren 100 anos dunha das publicacións máis emblemáticas do nacinalismo galego, a revista Nós.

Publicidade

 Este roteiro servirá para homenaxear a unha xeración que marcou en gran parte o que hoxe somos como nación e por en valor o legado que deixaron e que aínda sigue presente entre todas e todos nós.

Aquela Xeración atreveuse a soñar un país diferente, desacomplexado, orgulloso e donos de si. Ese compromiso levaríaos en moitos casos a pagar un custo alto nas súas vidas persoais, algúns exiliados, outros asasinados e outros apartados da súa vida laboral para sempre. O nacionalismo contemporáneo non pode entenderse sen xente como R. Otero Pedraio, Vicente Risco ou Daniel R. Castelao.

Contaremos co poeta ourensán, Millán Picouto, gran coñecedor da cidade e da Xeración Nós. O roteiro iniciarase no parque de San Lázaro e percorrerá as rúas máis emblemáticas para os autores da Xeración Nós. Rúa de Santo Domingo, onde se atopan as casas de López Cuevillas e Vicente Risco, a praza da imprenta ou a praza do Correxedor.

Por mor das restriccións aplicadas pola COVID-19 o número de prazas é limitado, por iso é preciso anotarse a través do correo electrónico da fundación: fgs@galizasempre.gal. Neste momento aínda fican prazas libres.