A Xunta multiplica por tres as axudas para a reconversión de viñedos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde da Consellería de Medio Rural pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas ós plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Para poder atender todas as solicitudes, pásase dos iniciais 1,1 millóns de euros ós 3,5 millóns, o que supón multiplicar por tres o importe inicial.

Con esta nova dotación está previsto aprobar todas as petición que cumpren os requisitos e que teñen toda a documentación completa. O obxectivo é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sostibles e a pegada ambiental deste sector produtivo.

AVANTAR ACTIVIDADES