O Carballiño sobe ata os 7 casos e San Cristovo de Cea alcanza os 20 contaxiados

O Concello do Carballiño sobe un caso, dos 6 activos de onte ós 7 de hoxe. Esta semana os casos mantivéronse estables con apenas algunha variación dun caso. Esta fin de semana subiuse dos 5 ós 7 casos. A comarca sobe os casos, sumando un total de 35.

Publicidade

O foco preocupante establécese hoxe na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote que se iniciou o pasado venres con 10 contaxiados que a día de hoxe ascende ata os 20, sete máis ca onte. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

Beariz baixa un caso activo, para manterse nos 7 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 30 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse cinco falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Maside perdeu o seu único contaxiado e está libre de coronavirus. Piñor conta cun caso activo. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.