O Centro Comercial Aberto sortea unha cesta entre os seus asociados

IES CHAMOSO LAMAS

O CCA, dentro das súas actividades de dinamización de Nadal, decidiron premiar o traballo dos seus asociados co sorteo dunha cesta. Este agasallo correu a cargo da Destilería Miño, cunha selección de licores da familia Paniagua. O sorteo fíxose esta mañá de xeito telemático e resultou como gañador Ramón, da Froitería José Ramón. A entrega deste obsequio fíxoa o presidente do CCA, Julián Garriga, e José Manuel Novoa, en representación da destilería Paniagua.