Máis de 5.000 sanitarios ourensáns serán os primeiros en vacinarse fronte a gripe

Hoxe luns comezou a campaña de vacinación fronte á gripe. O primeiro grupo chamado, segundo estaba previsto pola Xunta de Galicia, son os sanitarios. En Ourense están convocados os máis de 5.000 profesionais, e prevese rematar co 75% deles para o día 22.

A partir do 25 de outubro será a quenda dos de 65 e máis anos e persoas en centros ou residencias. Desde o 15 de novembro vacinarase ás persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata 2 anos e persoal de servizos esenciais e farmacias. E, por último, desde o 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco.

AVANTAR ACTIVIDADES