A Deputación aproba as bases para as axudas a clubes deportivos e agrupacións veciñais

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno tamén resolveu o novo concurso de subvencións do proxecto EmprendOU e varias liñas de cooperación con concellos ourensáns

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou as bases da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a clubes deportivos de Ourense, así como para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais. Ademais, resolveuse o novo concurso de axudas do proxecto EmprendOU, destinado a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e de autoemprego no rural ourensán. 

OZOCOgz Deseño Galego

No capítulo de cooperación cos concellos, os proxectos aprobados foron os seguintes: ao Concello de Beariz, unha axuda para cofinanciar a renovación da rede de abastecemento en Magros; ó Concello do Bolo, execución das obras de mellora da estrada de Paradela e A Veiga; ó Concello de Nogueira de Ramuín, sinalización; ó Concello de Oímbra, cofinanciamento e mellora do campo de fútbol de San Cibrao, para executar as obras de “placas solares bombeo Oímbra” e a execución das obras de mellora dos accesos a Espiño; ó Concello de Padrenda, execución das obras de mellora de camiños en Gorgua; ó Concello de Piñor, apoio para o “convenio de construción do centro cultural” e ó Concello de Pontedeva, cofinanciamento de obras con outras administracións. Tamén aprobouse unha axuda á Federación Galega de Hockey polo Europeo de Hockey sala feminino disputado no Paco Paz.