Volve a feira da Pepa Loba ó barrio de Flores este próximo venres, sábado e domingo

Esta mañá, no barrio de Flores, tivo lugar a presentación dunha nova edición da Feira Festa da Pepa Loba, que retoma tras a pandemia a 26ª edición. O evento celebrarase este próximo venres, sábado e domingo, cunha gran variedade de actividades e adicado ás menciñeiras e curandeiras.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, recoñeceu o traballo que hai detrás deste evento que medra ano a ano e convida a todos a desfrutalo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano presentan moitas novidades. O venres abrirá o mercado artesanal e xogos populares e ás 20:00 horas, terá lugar a homenaxe deste ano amenizado por música; ás 24:00 horas, conxuro e queimada.

O sábado, a apertura da feira será ás 12:00 horas. Durante o día haberá unha gran variedade de actividades para todos os públicos. Dende as 19:00 horas, comezará a representación ca baixada da Pepa Loba da man do grupo Dar Trela. Tamén se inaugurará unha praza co nome dun persoaxe da vila.

Para o domingo, moita máis programación, con obradoiors, vellos oficios, actividades e xantar popular. Nesta presentación tamén quixeron recordar a Alfonso Tupino, un dos membros desta organización que faleceu tres anos atrás, e tamén para Rosa Núñez, outro membro da organización que non poderá ser partícipe este ano.