Galicia rexistra 1.151 contaxios novos nas últimas 24 horas e suma 25 hospitalizados

A comunidade galega rexistra hoxe 1.151 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén na liña dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 12.889, unha cifra que ascende en mais de 800 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 21 (=) están en UCI, 153 (+25) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 138 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 2.181 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un ascenso. Contamos con 43 (+7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES