Publicada no DOG a orde sobre medidas de prevención como consecuencia do COVID-19 no concello do Carballiño

ORDE do 9 de outubro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello do Carballiño.

Publicidade

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Conse- llería de Sanidade, deuse publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto do devandito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efec- tuada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de

2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en mate- ria de sanidade.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de xeito puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación de medidas concretas contidas no anexo.

En aplicación do previsto no punto sexto citado, unha vez atendida a situación epide- miolóxica de determinadas comarcas da provincia de Ourense, entre elas da comarca do Carballiño, sobre a base do indicado nos informes elaborados pola Dirección Xeral de Saú-

de Pública o 7 de outubro de 2020 e logo de escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, ditouse a Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epide- miolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense.

Tal e como se indicou na orde, o fundamento normativo das medidas atópase na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

No que atinxe á eficacia das medidas, no punto quinto da orde indicouse que estas terían efecto desde as 00.00 horas do 8 de outubro de 2020, ben que debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Pois ben, no caso concreto da comarca do Carballiño, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 9 de outubro de 2020 indícase que na dita comarca se observa unha in- cidencia acumulada a 7 días e a medida da taxa acumulada a 14 días en ascenso, sendo o valor da dita taxa acumulada a 14 días para o total da comarca 3,79 veces o valor acadado para o conxunto de Galicia. Dentro da comarca destaca o concello do Carballiño, no cal, desde o día 28 de setembro, se declararon casos diariamente. Ademais, o dito concello, centro neurálxico da comarca, amosa unha taxa a 3, 7 e 14 días moi superior á observada no conxunto de Galicia para eses tres momentos temporais; en concreto, este concello presenta unhas taxas acumuladas que son 6,8 veces, 8,8 veces e 5,4 veces os valores es- timados das taxas do conxunto de Galicia a 3, 7 e 14 días, respectivamente. A investigación epidemiolóxica parece indicar que o aumento observado é a expensas fundamentalmente de reunións sociais (sobre todo en bares). O informe recomenda, en consecuencia, au- mentar as restricións neste concello, en concreto, coas restricións específicas do anexo II da Orde do 7 de outubro de 2020, de xeito que tales restricións se engadan ás medidas de prevención específicas que xa se están aplicando no dito concello.

Tendo en conta o disposto no dito informe, e tras escoitar as recomendacións do Sub- comité Clínico reunido para estes efectos, a evolución da situación epidemiolóxica no con- cello do Carballiño puxo de manifesto a necesidade de aplicar as restricións específicas contidas no anexo II da Orde do 7 de outubro de 2020 citada, previstas inicialmente só para os concellos de Ourense e Barbadás, ao concello do Carballiño.

Procede, pois, acordar, sen demora, a aplicación de tales restricións específicas ao concello do Carballiño, concello en que seguirán aplicándose as restantes medidas previs- tas na Orde do 7 de outubro de 2020, ao igual que no resto dos concellos das comarcas incluídas no seu ámbito de aplicación, ata que se proceda, conforme o indicado no punto quinto da dita orde, ao seguimento e avaliación das ditas medidas.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para acordar medidas de prevención adicionais para o concello do Carballiño, coa urxencia que a pro- tección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Ga- licia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro.    Medidas de prevención adicionais aplicables no concello do Carballiño

Serán de aplicación, no concello do Carballiño, as restricións específicas previstas no anexo II da Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense.

Segundo.   Modificación da Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epi- demiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ou- rense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense

A Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de pre- vención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense, queda modificada como segue:

Un.    O número 3 do punto terceiro queda redactado como segue:

«3. Así mesmo, serán de aplicación, nos concellos de Ourense, Barbadás e O Carba- lliño, as medidas de prevención específicas recollidas no anexo II e, no restante ámbito territorial previsto no punto primeiro, as medidas de prevención específicas recollidas no anexo I».

Dous.   O título do anexo I pasa a ser: «Medidas de prevención específicas aplicables nos concellos das comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeo- rras e Verín, a excepción dos concellos de Ourense, Barbadás e O Carballiño».

Tres.   O título do anexo II pasa a ser: «Medidas de prevención específicas nos conce- llos de Ourense, Barbadás e O Carballiño».

Terceiro.    Eficacia

Esta orde terá efectos desde as 00.00 horas do 10 de outubro de 2020.

As restricións específicas que a presente orde estende ao concello do Carballiño, así como as restantes medidas aplicables ao dito concello en virtude do Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Car- balliño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense, serán obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a cinco días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Para estes efectos, poderán ser obxecto de mantemento, de modificación ou poderán deixarse sen efecto por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración no concello do Carballiño para os días 10 a 12 de outubro que xa estivesen concertados con carácter previo ao día 9 de outubro, non serán aplicables as restricións específicas do anexo II da Orde do 7 de outubro de 2020, ben que deberán ser comunicados polos titulares dos esta- blecementos á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020

Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade