
A Xunta, a Delegación do Goberno en Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias coordinan a labor dos máis de 11.000 efectivos que reforzarán os controis durante os días centrais de Nadal, especialmente as datas nas que se van a permitir os desprazamentos, entre o 23 e o 25 de decembro. Prevese tamén que aumente o número de persoas que acuda a locais de hostalaría, centros comerciais ou rúas. Nestas ocasións controlarase a afluencia para evitar aglomeracións.
Do encontro para coordinar este operativo destácase a disposición de todas as administracións para facer fronte á responsabilidade compartida. O vicepresidente primeiro, Afonso Rueda, fixo tamén un chamamento de responsabilidade á cidadanía.