O secretario xeral da Emigración e Antonio Sánchez Espantoso, mantiveron unha reunión na sede do departamento do Goberno galego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión con Antonio Sánchez Espantoso, secretario do Consejo de Residentes Españoles (CRE) da República Dominicana onde se analizou a situación da colectividade galega neste país durante a situación de crise sanitaria que estamos a vivir.

Miranda trasladoulle a Sánchez Espantoso o máximo interese da Xunta de Galicia por continuar a traballar polos galegos e galegas residentes neste país, 2.680, e recordoulle que se implementaron axudas e programas de cara a apoiar as entidades e persoas que están a pasar situacións de necesidade por mor da Covid-19, unha labor que se intensificará no 2021, cun aumento dos orzamentos destinados a paliar situacións extraordinarias como as que está a provocar a pandemia.

O secretario xeral agradeceu o papel fundamental que levan a cabo os representantes da colectividade española no estranxeiro. Sánchez Espantoso, nado na provincia da Coruña, é membro ol CRE da República Dominicana dende marzo de 2017.