O Círculo de Podemos no Carballiño pedirá Á Valedora do Pobo que investigue a situación nas residencias de maiores.

Dende o comenzo da pandemia en Galicia morreron nas residencias 557 persoas. Se está protexendo as persoas maiores en estes centros? Pese a que o presidente da Xunta di que si, os datos e os feitos nos amosan que non. Tal é así que o portavoz do Círculo de Podemos no Carballiño e integrante do CCA de Podemos Galicia, Manuel Nogueira, despois de ter acceso a unha resolución xudicial emitida pola Fiscalía Provincial de Ourense, solicitará á Valedora do Pobo que investigue a situación real que se está a dar nos centros de maiores de Galicia.

Según Manuel Nogueira “ a resolución que da contestación a unha denuncia presentada por unha persoa familiar de unha usuaria de un de estes centros de Ourense, aínda que non ve indicios suficientes de neglixencia no xeito de actuar da dirección de este centro, si que recoñece a falta total de inspeccións en este centro dende o día 18 de xuño de 2015 ata a actualidade”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dito documento tamén recolle que se remitirá ao Fiscal Delegado Autonómico de Galicia en Materia de persoas con Discapacidade un comunicado dando a coñecer esta situación para que se fagan as actuacións que se consideren procedentes. “Tanto esta resolución xudicial como o informe do Tribunal de Contas do 2018, deixan constancia clara que dende o 2015 non se teñen efectuado as inspeccións pertinentes en estes centros por parte da Xunta de Galicia, permitindo que as empresas que os xestionan fagan do sector coidados un negocio ben lucrativo onde pouco importa a saúde ou as vidas das nosas maiores”, afirma Manuel Nogueira.

“É por iso que solicitaremos á Valedora do pobo que investigue que situación se está dando realmente en estes centros e que se tomen as medidas oportunas para poñer fin a esta situación de abandono e maltrato por parte de estas empresas”, remarca o portavoz local.