O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén asiste á iluminación da catedral de Ourense dentro do proxecto ‘Acende o Xacobeo’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu hoxe á iluminación da Catedral de Ourense dentro do proxecto “Acende o Xacobeo”, que inclúe a iluminación de 92 monumentos singulares de toda España como conta atrás do inicio do Ano Santo o día 31 de decembro coa apertura da Porta Santa.

No caso do Camiño de Inverno, o edificio do concello de O Barco de Valdeorras, e na A Vía da Prata, a Igrexa de San Martiño da Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei e a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, locen iluminados dende o  martes 22 de decembro.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase de 42 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

A iluminación nos concellos galegos levarase a cabo en tres fases –desde hoxe ao 25 de decembro, do 26 ao 28 e do 29 ao 31- e de forma secuencial a través das distintas etapas das rutas xacobeas ata chegar á Catedral de Santiago evocando o percorrido que realizan os peregrinos. Así, os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.

Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------