Policía Autonómica e Garda Civil reforzaron os controis durante os días de Nadal

IES CHAMOSO LAMAS

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo do 23 ó 27 de decembro un total de 128 inspeccións en 22 concellos galegos como operativo de control das medidas da covid, nos cales foron tramitadas 35 denuncias. En Ourense leváronse a cabo 26 dispositivos nos concellos de Sarreaus, Ourense e Verín. Neles comprobouse que nos locais e espazos públicos se estaban a cumprir as medidas, como o uso obrigatorio de máscara, distancia social, aforo, toque de queda e prevención do botellón.

En Ourense, a Garda Civil fixo especial control nos días nos que cesaban os peches perimetrais e se ampliaba o toque de queda. Os operativos están realizados polas unidades de seguridade cidadá co obxectivos de controlar estas restricións.

HIPER MASIDE