O BNG consegue o compromiso do aumento da subvención a Berán

Despois de ser aprobada en pleno municipal a proposta do BNG de incrementar a subvención que a ELM de Berán vai recibir en 2021, o concello pasará de destinar dos 4.000€ a 7.000€ anuais a esta institución.

Este incremento vese motivado en compensación polo IBI que o concello está cobrando polos bens inmóbeis da  ELM (cifrados nun valor de 2.400€ anuais).

AVANTAR ACTIVIDADES

Na moción presentada polos nacionalistas tamén se recolle un punto que, baseándose nos informes técnicos da Deputación de Ourense, así como da Secretaría-Intervención municipal, exixe ao grupo de goberno a  seguir traballando para que se bonifiquen os inmobles da Entidade Menor, dadas as súas especiais características económicas, sociais e culturais.