O Carballiño sobe tres casos ata os 14 contaxios. Cea iguala esta cifra, rebaixando os casos da súa residencia

O Concello do Carballiño sobe hoxe tres casos, para situarse nos 14 contaxiados. A tendencia á baixa das últimas semanas quedou paralizada cunha subida dos contaxios nos últimos días, duplicando os 7 casos de tendencia da pasada semana. A comarca estabiliza os casos, subindo un caso activo ata os 30 totais.

O foco preocupante segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 14 casos activos. Nesta fin de semana os casos reducíronse dende o total de 21, co que xa comeza a amosar unha evolución positiva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás mantén os dous contaxiados dos últimos días. Piñor pasa de non ter ningún caso a ter un contaxiado.  No caso do Irixo, Maside, Beariz, Punxín e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.