O autobús que leva a imaxe do Mosteiro de Oseira recibiu hoxe a bendición por parte do Superior

Fai uns días, o concello de Cea facíase eco da iniciativa dunha empresa local de incluír na decoración dun autobús, unha imaxe do Mosteiro de Oseira. O autobús en cuestión visitou o Mosteiro de Oseira e foi bendecido polo Superior da Comunidade Cisterciense de Oseira, Don Enrique Trigueros, en presenza da Xerente e da Administradora da empresa así como do Alcalde.

Dende hoxe os autobuses da Empresa Pérez, en desprazamentos autonómicos, nacionais e internacionais contará con folletos turísticos do Concello de San Cristovo de Cea como reclamo turístico.

AVANTAR ACTIVIDADES