O Sporting non se inscribirá na competición da Federación de Fútbol

Tras máis de nove meses sen poder desfrutar do fútbol, o Sporting informa que o equipo non se inscribiu para competir na competición proposta pola Federación Galega de Fútbol.

Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron principalmente pola saúde de todos, da directiva, corpo técnico, xogadores e afeccionados. Consideran que o protocolo é insuficiente para garantir a seguridade de todos eles no ámbito deportivo. A pesar de que a totalidade do plantel apoiaba voltar a xogar, cren que non se dan as circunstancias normais para levar a cabo unha competición real e sen ningún tipo de interferencias á hora de disputar unha liga. Consideran que afrontar unha competición sen tempo de preparación, tampouco é bo para a saúde dos xogadores e que poden darse lesións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nun momento no que moitos negocios do entorno afrontan con incerteza o seu futuro, cren que é unha mostra máis de apoio non poñerse a competir.