Hoxe a campaña de vacinación chegou ó Cornuval, a Boborás e ó Centro Integral Alvetus

Os once equipos de vacinación compostos por persoal de enfermaría de Atención Primaria continúan cas visitas ós centros de maiores e dependentes dos tres distritos sanitarios da área. Dende a primeira hora da mañá os equipos formados polos/as vinte e dous enfermeiros/as voluntarios/as seguen ca administración da vacina, que se mantén a bo ritmo na comunidade. Estes equipos continuaron hoxe co seu percorrido, a pesar da climatoloxía desfavorable en determinadas zonas da provincia pero que non impediu o acceso dos equipos e do transporte das vacinas ata o seu destino.

Publicidade

Na xornada de hoxe, foi a quenda das dúas residencias do Cornuval, que presta atención a 50 persoas dependentes e tamén se desprazaron ata a residencia de maiores de Boborás. Ademais tamén se achegaron ata a residencia integral Alvetus, na que as súas residentes amosaron a súa alegría trala vacinación.

GALERIA DE FOTOS

Equipo médico e Dirección do centro