O concello de Leiro completará o cambio de luminarias a sistema LED

O concello de Leiro rematará a instalación do novo alumeado ca finalización dos traballos en Gomariz e cos proxectos de Paredes e A Serra. O plan de mellora iniciouse fai cerca de oito anos, accedendo ó cambio de varios tramos cada ano e cuxa inversión total alcanzaría preto dun millón de euros.

Publicidade

Neste pasado ano 2020 executáronse tres proxectos, incluído este último que aínda está en proceso de execución, e supuxeron un custe de 350.000 euros.

As zonas nas que se concluíu o cambio de alumeado a un sistema de aforro enerxético foron Vieite, San Clodio, Saa e os pobos de Berán e Nogueira. En definitiva, completouse xa a mellora no municipio ó completo.