Onte foi un día máxico no Fogar Residencial de San Amaro, chegaron ao centro uns regalos moi especiais, unhas estrelas personalizadas, cargadas de maravillosos desexos e agradecementos para todas as persoas maiores e para as traballadoras do Centro, elaboradas polos nenos e nenas de 4°e 5° de Educación Primaria do CEIP Plurinlingüe Albino Núñez de Ourense.
Ademais, tamén recibiron a visita dos Reis Magos do Concello, que este ano se fixo a través das fiestras do Centro, gardando o Protocolo COVID.

Non é a primeira vez que as persoas maiores deste centro reciben o apoio doutras xeracións, pois xa a principios do Nadal o alumnado de 4° curso do Grao de Educación Social de Ourense lles enviara unhas postais elaboradas na aula cheas de fortaleza e ilusións.

Moitísimas grazas dende o Fogar Residencial San Amaro a todos os nenos e nenas, así como aos mozos e mozas e profesorado colaborador que fixeron posible inundar coa súa maxia estos días tan especiais.