Ribeiro en Común critica que nin Concello nin Xunta fixeran nada para resolver o problema do frío nos Colexios de Ribadavia.

É inadmisible que no parón das vacacións non se fixera nada ao respecto.

É indignante que nada se fixera, a pesar de que o Pleno Municipal ten aprobada unha modificación orzamentaria dispoñendo unha partida para abordar este problema.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mañá reiniciase o curso escolar nos centros educativos de Ribadavia e os nosos nenos e nenas volverán a pasar frío nas aulas, xa que o goberno local incumpriu, unha vez máis, o acordado polo Pleno para que o Concello realizara: Nin contactou coas ANPAS e para coordinalas nin lle ingresou a partida de 5.000 euros para o sistema de depuración do aire.

Este “goberno” non só non fixo o acordado en Pleno para evitar a situación de frio extremo nos nosos colexios, senón que por riba ten o descaro de adxudicarse os pequenos investimentos que a Xunta realiza nos CRA.

Por último, no pavillón de Maquiáns, pertencente á Consellaría de Educación, o Concello comezou a arranxar os vestiarios sen antes arranxar os graves erros de pingueiras e caída de augas dentro desta instalación, o que pode ocasionar o deterioro do pouco que se reparou.

O ALUMNADO DE RIBADAVIA FARTO DE PASAR FRIO E DA PASIVIDADE DO CONCELLO E EDUCACIÓN.

Ribeiro en Común levamos meses reclamando unha solución a este problema.

A Xunta e o goberno local inicialmente negábase á instalación dun sistema que depurara o aire e así evitar escenas impropias de colexios públicos en sociedades avanzadas.

Tras a reclamación de ANPAS e do noso grupo, o Concello comezou a ceder a súa posición de someterse ao criterio político da Xunta de negarse a estudar se quer esta posibilidade.

Así, Ribeiro en Común rexistrou múltiples iniciativas ao respecto tras ter un encontro coa ANPA do CEIP RIBADAVIA.

No Pleno Municipal de outubro unha modificación orzamentaria posibilitou ao Concello impulsar e liderar a realización nos colexios de Ribadavia de:

– Realizar estudo sobre a mellor forma de instalar sistema de depuración do aire.

– instalación dun sistema de depuración do aire.

– Reforzar o servizo de transporte escolar.

Nada de isto se fixo. Tampouco a colaboración coas ANPAS de Ribadavia, a pesar de estar aprobado en Pleno que o Concello se dirixiría a ANPAS e Colexios para coordinar un estudo técnico e abordar o sistema de depuración con esa partida de 5.000 euros.

Ribeiro en Común faremos todo o que estea na nosa man para resolver unha situación insostible nos nosos colexios públicos. Non imos admitir nin tampouco resignarnos nin asumir como inevitable que os nosos escolares tanto de Colexios como de Institutos continúen recibindo aulas nunhas condicións indignas e en pleno inverno.