Cáritas chegou a 40 familias con necesidades máis neste ano

Os voluntarios de Cáritas continúan co seu traballo de apoio e axuda ás familias máis necesitadas. Este ano, de xeito particular pola situación que estamos a vivir, rexistrouse un incremento de 40 familias beneficiarias das súas axudas, para facer un total de 284 unidades familiares que precisan cooperación tanto con alimentos como na compra de medicamentos ou pago de alquileres.

Publicidade

Así mesmo, Cáritas traballa ca colaboración de entidades, como o concello do Carballiño e a Deputación, que destinan unha partida para axudar a que o colectivo destine eses fondos ás familias. No ano 2020, o presuposto co que contaron superou os 26.000 euros.

Todas aquelas familias que o precisen, só deben acudir ata a súa sede, ubicada na Casa Parroquial do Carballiño. A entrega de alimentos realízase todos os venres, das 11:00 horas ata as 13:00 horas. Aínda así, sempre que sexa necesario atenderase calquera outro día da semana.