Unha exposición recolle o paso do tempo polo concello de San Amaro

O 30 de novembro de 2019, a Área de Cultura do concello poñía en marcha a Biblioteca Vivente de San Amaro, un proxecto que nacía pensando en recoller e poñer en valor o patrimonio inmaterial das súas parroquias e das súas xentes ao través dos tres apartados nos que se divide o programa.

En palabras do responsable de Cultura, Carlos Paz, “consiste nunha exposición de 12 paneis con algunhas das fotografías e das referencias recollidas para o arquivo da Biblioteca Vivente. Nela podese comparar o aspecto do concello desde o ar nos anos 1957 e 2011 ou coñecer o número de vivendas e habitantes existentes en cada aldea do concello no censo de 1887.

AVANTAR ACTIVIDADES

A exposición permanecerá aberta desde hoxe día 8 de xaneiro até o vindeiro 8 de febreiro na recepción do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (San Cibrao de Las), para despois comezar unha itinerancia por distintos puntos do termo municipal de San Amaro.