COMUNICADO DE RIBEIRO EN COMÚN:

Concello e Educación negáronse a compralos no início de curso.
Agora os problemas de frio son insoportables, e o frio aínda está comezando.

Como xa estaba previsto e se ven avisando dende antes do inicio do curso, chega o frío e fanse necesarios purificadores de aire para os colexios. O alumnado está coas ventás abertas na aula, polo que teñen que recurrir a chaquetas e incluso mantas para os máis pequenos. Dende a Anpa CEIP xa se solicitaran antes do inicio do curso, ao equipo directivo e ao Concello de Ribadavia. Facendo os dous caso omiso.

Son moitos os pais e nais que os están reclamando tanto no CEIP coma no IES Ribeiro. Necesitamos que se solicite un especialista que faga un estudio no que sinale cales serían os máis axeitados dadas as características dos centros e de cada aula. Tendo tamén en conta o alto volumen de nenos por clase.

Resaltar que esta medida xa é obrigatoria para os centros escolares dende o ano 2007, e que nada se fixo ao respecto por parte das administracións.

Ribeiro En Común levaremos esta petición a Pleno e propoñemos que o Concello aprobe unha partida para a súa instalación a cargo dos 100.000€ disponibles. Agardamos que o Goberno local non volva a negarse.