O Concello elabora un programa cultural para este verán consonte ás medidas preventivas de separación e seguridade requeridas polo covid-19

A área de Cultura do Concello do Carballiño elabora un programa cultural para este verán respectando as medidas preventivas de separación e seguridade, requeridas polo Covid-19, e que se centrarán na celebración de eventos ao aire libre de pequeno e mediano formato con aforo limitado e uso de cadeiras.

Publicidade

Este programa está suxeito ás normas e protocolo que se establezan polas autoridades competentes unha vez que se acade a terceira fase da desescalada, prevista a partir de mediados do próximo mes de xuño.

Trátase de organizar, na medida do posible, eventos culturais de pequeno e mediano formato, cuxo obxectivo é ofrecer á poboación  actividades culturais e de entretemento, ao tempo de contribuir á reactivación do sector da cultura, que está sendo moi afectado pola pademia que padecemos, así como á hostalería e ao comercio.

Os eventos desenvolveranse en tres escenarios: Praza Maior, auditorio da Veracruz e explanada do Parque Municipal, según as necesidades e características de cada evento.

Entre as actividades que se están programando figuran eventos vencellados coa fotografía, o cine, a música, a danza, o teatro, os monicreques e outros espectáculos de rúa.

Como non é posible levar a cabo as actividades que se programaban habitualmente, algunhas cambiarán de data e outras adaptaranse á actual situación. Así, non será posible celebrar as Xociviga 2020 no auditorio municipal, que serán substituidas por sesións de cine de calidade para todos os públicos ao aire libre.

Asemade, o Festival de Habaneras, que ía a ter lugar o primeiro sábado de agosto, aprázase en principio para o outono, e o Festival Outros Países, Outras Músicas desenvolverase probablente no mes de setembro.

A programación completa darase a coñecer no mes de xuño, unha vez que se publiquen os requisitos para manter todas as medidas de separación e seguridade, que garantan, antes que nada, a prevención en materia sanitaria das persoas asistentes aos eventos.

(Adxuntamos fotografía  dunha sesión de cine ao aire libre na Praza Maior).