Boborás entra esta madrugada no nivel 2 de restricións, cun edurecemento das medidas

O concello de Boborás comezou a preocupar onte duplicando os casos activos de coronavirus. Esta tendencia, ademais de provocar un endurecemento das medidas sanitarias, levou ó SERGAS a realizar un cribado, que será mañá venres en horario de tarde e para o que estarán chamadas 800 persoas entre os 18 e os 74 anos.

Publicidade

Ademais, dende a medianoite de hoxe, o comité clínico estableceu que Boborás deberá pasar ó nivel 2 de restricións, endurecendo as medidas.

Deste xeito, o que se aplicará dende as 00:00 de hoxe será:

  • Limitación de reunións a 4 persoas non conviventes, iso non cambia con respecto ó nivel 3.
  • Peche perimetral. Só poderán saír do concello por causas xustificadas as persoas que acrediten motivos laborais, de saúde ou educativos.
  • Apertura da cultura con aforo do 30%.
  • Hostalaría permitida so en terrazas cun aforo ó 50%, con peche de novo nos interiores deste locais.