O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese con representantes da hostalería para anunciarlle a nova liña de axudas na que traballa a xunta pola covid 19

  • Gabriel Alén, manifestoulles  que “dada situación actual da pandemia é prioritario agora evitar perigosas interaccións sociais que afecten á saúde dos galegos e galegas, pero mantemos firme o noso compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis se resenten nesta pandemia”
  • Na provincia de Ourense, 931 negocios de hostalería accederon a axudas que suman 3 millóns de euros. O número de solicitudes presentadas foi de 1.068 (pagouse o  87,1% das solicitudes presentadas)
  • En canto á cidade de Ourense, 488 negocios de hostalería accederon a axudas que sumaron 1,8 millóns de euros, o que representa o 55% dos establecementos hoteleiros do concello
  • O número de solicitudes presentadas foi de 569, e ata o momento, o 85,7% das peticións presentadas xa foron abonadas
  • O Goberno galego xa está a traballar nun segundo plan de rescate cunha liña específica  de apoio  á hostalería, e propón ás deputacións e concellos que se sumen ás axudas da Xunta para crear un fondo de cooperación covid-19 consensuado co sector

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo esta tarde unha reunión con interlocutores do sector da hostalería para avanzarlles que a Xunta traballa, en coordinación cos representantes provinciais desta actividade, nun segundo Plan de Rescate, para persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros afectados pola pandemia e as restricións sanitarias.

Este novoPlan terá unhas características similares ao que se puxo en marcha a finais de ano, aínda que simplificaranse os requisitos para que o acceso ás axudas sexa aínda mais áxil e  doado. As novas axudas estarán dimensionadas e orientadas a cubrir as necesidades dos sectores máis afectados polas restricións segundo as previsións da evolución da pandemia previstas pola autoridade sanitaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial comunicoulle aos representantes da hostalería ourensá a proposta do Goberno galego, adiantada no día de onte polo Vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana aos representantes provinciais  do sector.

Gabriel Alén, manifestou  que “dada situación actual da pandemia é prioritario agora evitar perigosas interaccións sociais que afecten á saúde dos galegos e galegas, pero mantemos firme o noso compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis se resenten nesta pandemia”.

Neste senso, tanto o Goberno galego como os representantes da hostalaría propuxeron abrir unha tripla fronte para paliar o impacto económico das restricións mediante un fondo de cooperación Covid-19 que conte coa participación da Xunta de Galicia, deputacións e os grandes concellos para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa comunidade, seguindo o modelo da comunidade autónoma de Valencia, onde a Generalitat aportará o 50% de dito fondo, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante.

A primeira convocatoria do Plan de rescate xa completou case o 80% dos pagamentos a más de 30.500 solicitantes que cumpriron cos requisitos, por un importe de 65 millóns de euros.

No que se refire concretamente á hostalaría, más de 14.700 negocios deste sector recibiron ata o de agora apoio económico directo da Xunta a través das tres liñas incluídas no Plan de Rescate, por valor de 23,7 millóns de euros. Estes datos evidencian que o 70% dos hostaleiros galegos (segundo o Instituto Galego de Estatística, Galicia conta cun total de 20.688 negocios nesta actividade) tiveron acceso ás axudas establecidas pola Xunta para facer fronte á crise económica e as restricións efectuadas por recomendación sanitaria.

Na provincia de Ourense, 931 negocios de hostalería accederon a axudas que suman 3 millóns de euros. O número de solicitudes presentadas foi de 1.068 (pagouse o  87,1% das solicitudes presentadas).

En canto á cidade de Ourense, 488 negocios de hostalería accederon a axudas que sumaron 1,8 millóns de euros. Representan o 55% destes establecementos do concello. O número de solicitudes presentadas foi de 569, e ata o momento, o 85,7% das solicitudes presentadas xa foron abonadas.