Saída da vía dun turismo pola marxe dereita e posterior choque contra un poste da luz, resultando falecido o seu condutor e único ocupante.

Ocorrido sobre a 01:30 horas de hoxe, o 112-Galicia informaba se un sinistro viario no km. 8,300 da estrada N-532 (Verín-Fronteira), na localidade de Tamaguelos, pertencente ao o termo municipal Verín (Ourense).

Inmediatemente desprazouse ao lugar, unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, que puideron constatar que se trataba dunha saída da vía pola marxe dereita e posterior choque contra un poste do tendido eléctrico dun turismo Volkswqagen Passat, que circulaba sentido Portugal.; o seu condutor e único ocupante R. C. Ci.. de 39 anos e veciño de Tamagos – Verín (Ourense), atopábase atrapado e, vendo as lesións que presentaba -incompatibles coa vida – puidese falecer; extremo este confirmado pola médico do servizo de urxencias médicas 061.

AVANTAR ACTIVIDADES

É preciso significar que, esta persoa, achábase privada do dereito para conducir vehículos de motor ata o 10/08/2021, por sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 12 de Barcelona.

Para poder excarcerar o corpo sen vida, os bombeiros de Verín, tiveron que asegurar o poste da luz porque había risco de caída inminente, tanto sobre o vehículo sinistrado como os interveniente no rescate.

Tal e como indica o protocolo, pasouse aviso ao Xulgado de Garda que delegou a dilixencia de traslado do cadáver na Agrupación de Tráfico da Garda Civil.