A fin de semana sáldase cunha trintena de sancións por incumprir as medidas en Ourense

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 110 dispositivos na comunidade galega, nos que foron tramitadas un total de 118 denuncias. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 490 inspeccións e identificaron a 1.743 persoas.

En canto á provincia de Ourense, os axentes realizaron 37 dispositivos e 70 inspeccións que se saldaron con 29 sancións e 413 persoas identificadas, mentres que na provincia lucense identificáronse 28 persoas en 16 dispositivos  

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.